CUENTA ATRAS

domingo, 19 de septiembre de 2010

REFLEXION DO CAMIÑO SEGUN RODRI


O meu Camiño foi unha experiencia fantastica, eu xa non queria facer moito caso o que me decia a xente, sobre esto ou o outro, a miña idea sempre foi a de vivir a miña experiencia a miña maneira e en convivencia cos que me acompañaron. E de verdade que acertei na miña idea e nos acompañantes.
O Camiño dividiriao en tres partes, a saber: FISICO- HUMANO-ESPIRITUAL.

FISICO.- Fisicamente planteabase un reto o que non estaba acostumbrado, si fixera 25, 30 ou mais km en unha xornada, pero nunca puidera facer seis xornadas seguidas con esas distancias. Non me planteou ningun problema. Un pouco as rodillas cando forzaba baixando. A recuperacion muy rapida, no que comer e parar a tomar cafe axudaba moito.
Quizas poidera facer esta distancia en menos etapas, pero non se trataba de eso. Repito que eu tiña unha idea do que queria facer e asi foi.

HUMANO.- En este aspecto os acompañantes cos que iva, do mellor. Agradecer que sempre houbera conversacion sin tocar os temas do traballo e os cartos. Pa min eso e un alivio. Que en cada monento que se decidia parar, andar, beber, comer ou calquer otra cousa o consenso fose total o momento. Resumindo a compañia sobresaliente.
Respecto a xente que te encontras por o camiño toda muy solidaria, en armonia, colaboradora e con un alto respeto para os demais. O de levar o can na silla do bebé pasou de en un principio facerme gracia a que non tiña gracia nin sentido, pero bueno eso son actitudes de cada quen ante a vida, e non son eu quen de decir o que esta ben e o que esta mal.
Un dos momentos mas emotivos foi cando encontrei unha camara de fotos dixital, e eu buscando o seu dono por as fotos que tiña dentro. Logo de uns 30 minutos aparece o seu dono e o abrazo que me da ademais das lagrimas de alegria dun home ainda me fan emocionar agora. Tame agradecer a xente que cando te via parado preocupabase por ti se estabas ben, e animabante a seguir.
ESPIRITUAL.- Aqui foi donde me encontrei co a mallor cantidad de cousas que eu non tiña programadas nin previstas. Non pensaba eu nun principio ir a misa todos os dias, pero segun foron pasando as etapas cada vez sentia mais necesidade de acudir a Misa, co a gran curiosidade de haber que nos iba decir o Cura de esa Paroquia. A misa de Triacastela consigue que o Cura se convirta no meu idolo, e sintome tan participe de esa celebracion que non poido menos que Comulgar, eso debese a que por fin un Cura ve as cousas como as vemos os demais. O silencio do camiño, es decir a xente non vai facendo festa, tamen da que pensar sobre o respecto muto entre os peregrinos,e os motivos personales por os que cada un o fai. Esto sirve pa que cada un poida ir, sequere, pensando nas suas cousas.
Co paso das etapas e vendo os peregrinos daste cuenta de que todos necesitamos alguen a quen querer, alguen a quen dar as gracias por as cousas boas que nos pasan e alguen a quen pedir axuda cando estamos en apretos.
A misa en Santiago xa supon un punto aparte, non concebia facer o Camiño sin acudir a dita Misa. Aqui volvin a comulgar porque entendo que esta comunion no aspecto espiritual e a cumbre do camiño. Ver que existen tantas colas , para pasar por a Porta Santa, abrazar o Apostol e acudir a misa, fixome pensar que ainda que todo non fose cuestion de Fe, a xente no seu interior ten algo que lle crea unha necesidade, por lo menos basica de creer en algo.
Bueno nada mais que agradecer a Mª Teresa, Hermi, Lucia e Angeles o bon camiño que me deron, e a preocupacion que sempre tuberon de que eu tomase todos os cafes que necesitase.

Un abrazo muy forte pa elas Rodri

1 comentario:

  1. Gracias pola parte que me toca ,como unha das túas compañeiras de viaxe, por falar tan ben de nós, as túas "camaradas de a pé". Tiveches moita paciencia en aguantar a catro mulleres xuntas pero tamén estiveches mimado coma un galo nun galiñeiro de pitas. Gústame a túa reflexión sobre o camiño no plano espiritual, ata parece que te has volver monaguillo ou corista de liturxia¡(o mellor foi cando cantaches na misa de Arzúa). Creo que "yuri camín " vai deixar a súa reflexión no blog.

    ResponderEliminar