CUENTA ATRAS

domingo, 19 de septiembre de 2010

REFLEXION DO CAMIÑO SEGUN ANGELES


Estou orgullosa de haber feito o Camiño de Santiago. Da miña maneira de facelo, e dos compañeiros, tanto dos que levei coma dos que atopei alí.
Non considero menos importante o meu logro por haber empezado no Cebreiro que o de outro que empece en Leon, Burgos, ou Roncesvalles. Nin mais importante que o que empece en Sarria facendo os 100 km de rigor, en Neda, en Ferrol ou donde sexa. Nin por facelo en 7 xornadas, cando outros o fan en seis, cinco, tres ou vinte.
Se o realmente importante e o Camiño, cada un debe vivilo a sua maneira, e co as suas motivacios e todas son respetables.
Ultimamente, parece que o Camiño de Santiago tende a ser unha pista de atletismo donde alguns van a probar a sua resistencia e batir o record de km ó dia, eu respeto iso pero non me parece que sexa a verdadeira motivación de un preregrino, creente ou ateo. Eu realmente, non vin ningun de eses atletas por o camiño, o mellor pasou tan rapido que nin puiden decirlle "BO CAMIÑO". En cambio si que vin xente, que ia cada un a sua maneira, o seu paso, uns con mais traballo outros con menos, xente maior e xente muy nova, nacionais e extranxeiros, creentes uns seguro, outros non sei, e outros seguros que non, pero todos respetuosos, solidarios, e alegres pero recollidos, xente muy enferma, xente en bici e asta en patins, xente cos seus fillos e xente co seu can, e cada un vive seu camiño e sente que para el e o mellor.
No meu camiño houbo tempo a todo:
Andar rapido, amodo, falar, rir, chorar, pasar calor e mollarme, mollar os pes nos rios, admirar arboles milenarios, pontes, igrexias, a reflexionar, acordarme dos meus vivos, e rezar por os meus mortos, e tamen ir a misa.
En resumen, non batin ningun record pero xa non ia con esa idea, pero estou tan contenta...
E a mellor compostela non e o papeliño que me deron, senon o que levo por dentro e que non vou olvidar por moitos mais camiños que faga.
¿Que cal e o mellor camiño? ! O meu seguro¡
Faino ti e deseguro o teu sera o mellor para ti.
!!BO CAMIÑO¡¡
Gracias a todos os que me acompañaron.
Angeles

2 comentarios:

  1. Moi bonita a reflexion, nosoutros do camiño non podemos falar, pero seguro que o ir lendo os vosos relatos acabaremos crendo que as veces si compartimos algunhos momentos de ese camiño con vosoutros.
    Porque estamos seguros de que nalgun momento nos que te acordaches dos vivos pensaches en nosoutros...GRACIAS¡¡¡
    Bicos Lucas, Quintia e Rocio

    ResponderEliminar
  2. Encántame o que pos como reflexión do camiño.Din por aí que despois de San Cosme imos facer a ruta da poza da auga. Eu anímome. Disque o dixo a de "trecería". Temos que pedirlle a súa reflexión sobre a peregrinación.Falamos na Maravilla. Canto sabes Rodri¡ Eu que facía mentres o fraile-guía explicaba todo iso? Un bico. Sherpa Hermi.

    ResponderEliminar